lunes, 29 de junio de 2026

Job Shadowing en Craiova (Rumanía)

A nosa mobilidade do Erasmus+ comezou o 25 de maio, cando emprendemos a nosa viaxe dende A Coruña. Tras pasar por diferentes aeroportos, chegamos finalmente a Craiova (Rumanía), ilusionadas por comezar esta experiencia. 



O 26 de maio visitamos a Kindergarten Prolonged Piticot, onde nos recibiron cunha gran hospitalidade. Dende o primeiro momento, fixéronnos sentir parte da súa comunidade educativa, acompañándonos durante toda a estancia e amosándonos unha gran proximidade e agarimo.




Durante o primeiro día, as actividades estiveron centradas en metodoloxías innovadoras e na aprendizaxe intercultural, tomando como fío conductor a celebración do Día do Neno e da Nena, que tiña lugar esa mesma semana. Puidemos observar e participar en propostas relacionadas coa motricidade fina, as matemáticas, o traballo cooperativo e diferentes dinámicas que fomentaban a participación de todo o alumnado.




O segundo día estivo dedicado á educación emocional. Descubrimos distintas estratexias para traballar as emocións dende idades temperás mediante actividades creativas e vivenciais. Realizamos un mural no que pintamos un arco da vella, tanto de forma individual como e en equipo, acompañado de música para favorecer un ambiente tranquilo. 

Tamén participamos en talleres nos que o alumnado tiña que identificar as emocións, representalas e nomealas en inglés, español e romanés. A xornada rematou cunha danza cooperativa cuxa mensaxe principal era que todas as persoas somos iguais, promovendo valores como o respeto, a igualdade e a inclusión.



O terceiro e último día continuou afondando na importancia da inclusión e diversidade mediante diferentes actividades. Unha delas consistiu en crear unha árbore común na que cada persoa da aula deixase a súa pegada, simbolizando que cada un de nós somos únicos e que todos e todas formamos parte dun mesmo proxecto.


Tamén realizamos propostas nas que cada alumno desenvolvía a súa imaxinación, creatividade e expresión das súas emocións.



Máis alá das actividades realizadas, esta mobilidade permitiunos coñecer o sistema educativo romanés e compartir experiencias con grandes profesionais. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer á inspectora educativa, visitar algúns dos lugares máis representativos da cidade e descubrir parte da súa cultura e tradicións.

Durante toda a nosa estancia sentímonos acompañadas, acollidas e moi queridas por todo o equipo do centro. A súa proximidade, dispoñibilidade e entusiasmo fixeron que esta experiencia fose aínda máis enriquecedora, tanto no ámbito profesional como no persoal.


A nosa mobilidade finalizou o 28 de maio, volvendo á casa ao día seguinte coa mochila chea de aprendizaxes, novas ideas e, sobre todo, co recordo dunha experiencia Erasmus+  inesquecible. 

Para finalizar, realizamos a difusión ao profesorado do noso centro, na que compartimos a nosa experiencia en Romanía, as aprendizaxes adquiridas e algunhas das metodoloxías e actividades que coñecemos durante a nosa mobilidade Erasmus+, favorecendo o intercambio de ideas entre toda a comunidade educativa.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Job Shadowing en Craiova (Rumanía)

A nosa mobilidade do Erasmus+ comezou o 25 de maio, cando emprendemos a nosa viaxe dende A Coruña. Tras pasar por diferentes aeroportos, che...