Mostrando entradas con la etiqueta formación docente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación docente. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de mayo de 2026

Curso sobre o sistema educativo finés (dende a etapa de EI ata a universidade).

A principios de maio viaxamos a Finlandia grazas á acreditación de Erasmus+ da nosa escola para coñecer o seu sistema educativo.

O curso que realizamos contou cunha parte teórica impartida pola psicóloga e pedagoga Sheila Tackman e dunha parte práctica de observación de centros educativos (dende EI ata a universidade).


ETAPAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Na etapa de EI destacaríamos a protección do dereito do alumnado a xogar, a explorar e a entender, a aprender mediante o xogo, no exterior (todos os días visitan o bosque), etc.

Visitamos a escola de EI Hornhattulan päiväkoti en Porvoo. Nela observamos a tranquilidade derivada dunha ratio acompañante/alumnado significativamente menor que a nosa, un coidado da educación reflexado no mantemento das instalacións que nos parece o espello da sociedade finesa e dos seus valores (equidade, igualdade de oportunidades, etc.); e a horizontalidade dun sistema pouco xerárquico e moi eficaz.



Na etapa de Primaria observamos que a misión da escola é compensar desigualdades sociais, ensinar e educar fomentando que o alumnado sexa responsable do seu propio aprendizaje e que pense por sí mesmo acompañándoos no proceso de encontrar as súas fortalezas.

Visitamos a escola de EI e EP Kantele-talo huset (colina de primavera). Nela observamos como aplican algúns dos fundamentos desta etapa: democracia, participación, espíritu emprendedor, autonomía, etc.





ETAPAS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO

Recibimos unha charla teórica sobre a etapa de educación secundaria e bacharelato coa psicóloga e pedagoga Sheila Tackman. Desta etapa destacamos que o obxecivo da misma é educar a personas educadas, harmónicas e amables. Pretenden animar ao alumnado a desenvolver unha personalidade completa e promover a aprendizaxe ao longo da vida.

Visitamos o centro de educación secundaria Lovisavikens Skola e o centro de bacharelato Lovisa Gymnasium. Visitas nas que de novo nos sorprenden as instalacións: centros de madeira, sostibles, con aulas de traballo con madeira, metal, textil, etc. Cuns equipamentos impresionantes. Así como un alumnado que nos recibe facendo gala desa autonomía e espíritu emprendedor que promoven dende a etapa de Educación Infantil.





Algúns aspectos curiosos destas etapas son que non todo o mundo fai o bacharelato, aprobar este examen, de moitas horas é unha honra que celebran todas as primaveras levando unha gorra branca; e que para promover a igualdade de xeito efectivo teñen áreas como a de economía do hogar na que todas e todos aprenden a cociñar, limpar, xestionar a economía dun fogar, etc.

ETAPA UNIVERSIDADE E APRENDIZAXE AO LONGO DA VIDA

Disfrutamos dunha mesa redonda na facultade de Educación da universidade de Helsinki co profesor universitario Jan-Erik Mansikka.






Conversamos con el sobre as orixes da educación e da universidade en Finlandia, dos seus diferentes programas de formación e sobre a educación das mestras/es de educación infantil e primaria.

Algúns dos aspectos que el considera como pilares da educación en Finlandia son: a participación do alumnado, a transversalidade, o rol da persona docente como guía, a alegría por aprender e a inclusión.


Tamén falamos sobre as tres paradoxas que según o investigador Pasi Sahlberg son a base do éxito do sistema finés:

1. Teach less, learn more!

2. Test less, learn more! (Non hai exames nacionais).

3. Equity (cren firmemente en dar máis recursos ao que máis o necesita e en fomentar a igualdade de oportunidades.



Outro dos aspectos que comentamos foi o proceso de selección do alumnado para acceder a maxisterio, que asegura que só personas con boas notas, motivación, compromiso, cultura, capacidade de reflexión, interacción e comunicación poidan acceder a ser docentes.

Finalmente, queremos destacar que no sistema educativo finés crese profundamente na formación ao longo da vida, polo que contan cunha universidade para adultos moi interesante e con instalacións como a biblioteca nacional ou a biblioteca Oodi que poñen ao servizo da cidadanía espazos nos que aprender, compartir e disfrutar ao longo da vida.






martes, 1 de julio de 2025

Difusión de las movilidades Erasmus+: Grecia, Hamm y Berlín

 Se han compartido las experiencias de las movilidades a Kilkis (Grecia)Hamm y Berlín (Alemania), enmarcadas en nuestro proyecto acreditado 2024-1-ES01-KA121-SCH-000226563 y en el consorcio del CFR de A Coruña.


El profesorado participante presentó su paso por escuelas de Infantil y Primaria, proyectos de inclusión como el Aula Wilma, metodologías activas, talleres de pensamiento computacional y experiencias vinculadas a las pedagogías Fröbel y Waldorf, entre otras muchas propuestas educativas.


📎 Se puede acceder a las presentaciones haciendo clic en la imagen inferior.






martes, 17 de junio de 2025

Intercambio de buenas prácticas educativas en Kilkis (Grecia) Movilidad Erasmus+ – Job Shadowing en centros de Infantil y Primaria

 Dentro de nuestro proyecto acreditado Erasmus+ (2024-1-ES01-KA121-SCH-000226563), se llevó a cabo una movilidad de observación en diversos centros educativos de Infantil y Primaria en Kilkis, Polykastro y Axioupolis (Grecia).


Durante esta estancia, el profesorado participante tuvo la oportunidad de:

  • Observar el funcionamiento de centros con aulas mixtas, metodologías activas y trabajo por proyectos en Educación Infantil.

  • Conocer la organización del profesorado por especialidades en Primaria (drama, música, idiomas, etc.) y los recursos destinados a la atención a la diversidad.

  • Visitar un centro específico de Educación Especial, con atención personalizada en aulas reducidas.

  • Explorar iniciativas europeas de educación inclusiva, atención a alumnado refugiado y prevención del abandono escolar.


Además, se establecieron contactos para la realización de futuros proyectos eTwinning con centros griegos interesados en colaborar.


La movilidad se completó con la participación en una conferencia educativa internacional, donde se presentó y difundió nuestro proyecto Erasmus+ y algunas de las iniciativas innovadoras desarrolladas en el CEIP Víctor López Seoane, como el trabajo en sostenibilidad, el plurilingüismo o la biblioteca escolar.







Job Shadowing en Berlín: pedagoxías Waldorf e Fröbel (maio 2025)

As mestras de Infantil Leticia, Chus, Laura e a mestra de Primaria Alba realizamos unha ruta pedagóxica a Alemania (Berlín) para coñecer as pedagoxías Waldorf e Fröbel no seu lugar de "nacemento".

O primeiro día da nosa ruta pedagóxica por Berlín visitamos a escola Waldorf Havelhöhe

ℹ️ A principios do século XX, da man do filósofo e científico austríaco Rudolf Steiner, xurdiu un enfoque educativo centrado no desenvolvemento integral do neno/a basándose na idea de que cada neno/a é distinto e único.

Na nosa ruta pedagóxica coñecemos a escola Waldorf de Berlín Waldorf Havelhöhe, na que observamos na práctica estes principios teóricos: o protagonismo e confianza no neno/a, un currículo basado na súa identidade como persona e en ofrecer oportunidades e non contidos, figura do adulto como acompañante non directivo, importancia do espacio, da natureza e do arte como elementos educativos en si mesmos, a experimentación, o tempo pausado permitindo posibilidades ao "imprevisto", a importancia dos ritos para a creación do sentimento de pertenza e comunidade, etc.













Durante o segundo día da nosa ruta pedagóxica, visitamos dous centros de formación docente : o Seminario de formación para futuras/os acompañantes Waldorf (@waldorfseminar_berlin) e a "Little Scientists Foundation (@kinder.forschen ).

No Seminario de Formación para futuras acompañantes Waldorf, da man do marabilloso Ramón Louro (@louroramon), realizamos un taller de barro no que profundizamos e experimentamos en primeira persona a metodoloxía Waldorf. Tamén acudimos como observadoras á formación en dicción e música de futuras acompañantes Waldorf.






Pola tarde acudimos á "Little Scientists Foudation", na que da man de Verónica Oelsner (@veronicaoelsner), onde nos explicou o funcionamento da fundación para a formación permanente do profesorado tanto online como presencialmente, centrada no desenvolvemento sostible a través do STEM (3-10 anos), e probamos algunhas das súas propostas.




Ambas propostas de formación docente aparentemente son moi "diferentes" entre sí, pero comparten algúns fundamentos: promover a creatividade e autonomía da nena/o, fomentar a experimentación, darlle importancia aos procesos,  alimentar a curiosidade e o pensamento crítico, rol do acompañante como guía e non director, empregar as preguntas e o imprevisto como oportunidades de aprendizaxe, etc.


No terceiro día da nosa ruta pedagóxica visitamos á escola Fröbel da rede alemana Fröbel Deutschland (@froebel.deutschland).

ℹ️ Friedrich Fröbel foi un pedagogo do século XIX, que introduxo os principios da psicoloxía e a filosofía na educación. É coñecido pola creación da educación preescolar e do concepto de "xardín de infancia". Moi influenciado por Pestalozzi, xa que que traballaron xuntos.

Dáballe moita importancia ao xogo xa que gracias a el consideraba que o neno/a era quen de introducirse na cultura, na sociedade, na creatividade, etc.

Na nosa ruta pedagóxica coñecemos unha escola Fröbel da rede Froebel Deutschland de Berlín, na que observamos na práctica estes principios teóricos.

Observamos diferencias significativas con respecto á observación da escola Waldorf, xa que nesta escola Fröbel hay "xoguetes", presencia de imaxes, tecnoloxía, etc. Pero tamén percibimos similitudes nos seus fundamentos: respeto á nena/o e aos seus tempos, confianza na súa capacidades para xestionar o risco, promoción da autonomía e de hábitos saudables, moito tempo na natureza xa que é considerada un elemento educativo en sí mesmo, etc.








Job Shadowing en Craiova (Rumanía)

A nosa mobilidade do Erasmus+ comezou o 25 de maio, cando emprendemos a nosa viaxe dende A Coruña. Tras pasar por diferentes aeroportos, che...