A principios de maio viaxamos a Finlandia grazas á acreditación de Erasmus+ da nosa escola para coñecer o seu sistema educativo.
O curso que realizamos contou cunha parte teórica impartida pola psicóloga e pedagoga Sheila Tackman e dunha parte práctica de observación de centros educativos (dende EI ata a universidade).
ETAPAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
Na etapa de EI destacaríamos a protección do dereito do alumnado a xogar, a explorar e a entender, a aprender mediante o xogo, no exterior (todos os días visitan o bosque), etc.
Visitamos a escola de EI Hornhattulan päiväkoti en Porvoo. Nela observamos a tranquilidade derivada dunha ratio acompañante/alumnado significativamente menor que a nosa, un coidado da educación reflexado no mantemento das instalacións que nos parece o espello da sociedade finesa e dos seus valores (equidade, igualdade de oportunidades, etc.); e a horizontalidade dun sistema pouco xerárquico e moi eficaz.
Na etapa de Primaria observamos que a misión da escola é compensar desigualdades sociais, ensinar e educar fomentando que o alumnado sexa responsable do seu propio aprendizaje e que pense por sí mesmo acompañándoos no proceso de encontrar as súas fortalezas.
Visitamos a escola de EI e EP Kantele-talo huset (colina de primavera). Nela observamos como aplican algúns dos fundamentos desta etapa: democracia, participación, espíritu emprendedor, autonomía, etc.
ETAPA UNIVERSIDADE E APRENDIZAXE AO LONGO DA VIDA
Disfrutamos dunha mesa redonda na facultade de Educación da universidade de Helsinki co profesor universitario Jan-Erik Mansikka.
Conversamos con el sobre as orixes da educación e da universidade en Finlandia, dos seus diferentes programas de formación e sobre a educación das mestras/es de educación infantil e primaria.
Algúns dos aspectos que el considera como pilares da educación en Finlandia son: a participación do alumnado, a transversalidade, o rol da persona docente como guía, a alegría por aprender e a inclusión.
Tamén falamos sobre as tres paradoxas que según o investigador Pasi Sahlberg son a base do éxito do sistema finés:
1. Teach less, learn more!
2. Test less, learn more! (Non hai exames nacionais).
3. Equity (cren firmemente en dar máis recursos ao que máis o necesita e en fomentar a igualdade de oportunidades.
Outro dos aspectos que comentamos foi o proceso de selección do alumnado para acceder a maxisterio, que asegura que só personas con boas notas, motivación, compromiso, cultura, capacidade de reflexión, interacción e comunicación poidan acceder a ser docentes.
Finalmente, queremos destacar que no sistema educativo finés crese profundamente na formación ao longo da vida, polo que contan cunha universidade para adultos moi interesante e con instalacións como a biblioteca nacional ou a biblioteca Oodi que poñen ao servizo da cidadanía espazos nos que aprender, compartir e disfrutar ao longo da vida.


.jpg)




.jpg)

.jpg)
.jpg)







.png)
