miércoles, 29 de abril de 2026

Visita de job shadowing de docentes de La Rochelle

Durante os días 27, 28 e 29 de abril tivemos o pracer de recibir no noso centro a tres docentes da École maternelle Condorcet (La Rochelle, Francia), no marco do noso proxecto Erasmus+. 

 Esta experiencia de job shadowing permitiulles coñecer de primeira man o funcionamento do noso centro, especialmente na etapa de Educación Infantil, así como intercambiar ideas, metodoloxías e boas prácticas educativas. 

 Unha inmersión no día a día do centro 
 Ao longo da súa estancia, as profesoras visitantes participaron nun programa de observación e acompañamento que incluíu distintas actividades representativas da nosa práctica docente. O primeiro día comezou cunha recepción e benvida no centro, seguida da observación dunha sesión de psicomotricidade en inglés e da participación en dinámicas de aula como momentos de relaxación e contacontos. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer o traballo previo á saída educativa “Vexo, vexo”, centrada na observación da contorna . Na segunda xornada, puideron asistir a unha asemblea en Educación Infantil e acompañar ao alumnado nunha saída ao entorno de Eirís dentro do programa “Vexo, vexo”. A mañá completouse con actividades na biblioteca e na horta escolar, dous espazos clave no noso proxecto educativo . Finalmente, o último día estivo centrado na observación de sesións de estimulación da linguaxe oral, así como na dinámica de traballo por recantos, unha das metodoloxías máis características desta etapa. A visita completouse coa observación dunha actividade de psicomotricidade con bicicletas e cun momento de despedida . 
 Intercambio e aprendizaxe compartida 
 Máis alá da observación, esta visita supuxo unha valiosa oportunidade de intercambio profesional. O profesorado visitante tamén compartiu información sobre o seu centro educativo, favorecendo un diálogo enriquecedor entre ambas realidades escolares. 
 Abrindo a escola a Europa 
Este tipo de experiencias reforzan o noso compromiso coa internacionalización, permitindo non só coñecer outras formas de ensinar e aprender, senón tamén reflexionar sobre a nosa propia práctica.







jueves, 9 de abril de 2026

Difusión do noso proxecto nos Encontros Internacionais Erasmus+

 

En el marco de nuestro compromiso con la internacionalización y la mejora continua de nuestra práctica educativa, tuvimos la oportunidad de participar en los Encontros Internacionais Erasmus+ organizados por el CFR A Coruña.


Este encuentro reunió a centros educativos con experiencia en programas Erasmus+, convirtiéndose en un espacio de intercambio, reflexión y aprendizaje compartido entre docentes.


Durante nuestra intervención, presentamos el proyecto Erasmus+ de nuestro centro, poniendo el foco no solo en las movilidades realizadas, sino también en el impacto real que estas están teniendo en nuestra comunidad educativa. Compartimos cómo las experiencias en distintos países europeos están contribuyendo a enriquecer nuestras metodologías, reforzar la inclusión, fomentar hábitos de vida saludables y consolidar la competencia plurilingüe de nuestro alumnado.


Además, destacamos la importancia de trasladar lo aprendido en las movilidades al día a día del aula, integrando nuevas ideas y prácticas que nacen del contacto con otros sistemas educativos. En este sentido, subrayamos nuestra visión de “abrir la escuela a Europa y traer Europa al aula”, como eje vertebrador de nuestro proyecto.


La participación en este tipo de encuentros no solo nos permite dar visibilidad al trabajo realizado, sino también seguir creciendo como centro, inspirándonos en otras experiencias y fortaleciendo redes de colaboración a nivel europeo.

Relatorio_Erasmus_Víctor López Seoane de Belén

Visita de job shadowing de docentes de La Rochelle

Durante os días 27, 28 e 29 de abril tivemos o pracer de recibir no noso centro a tres docentes da École maternelle Condorcet (La Rochelle, ...