Esta experiencia de job shadowing permitiulles coñecer de primeira man o funcionamento do noso centro, especialmente na etapa de Educación Infantil, así como intercambiar ideas, metodoloxías e boas prácticas educativas.
Unha inmersión no día a día do centro
Ao longo da súa estancia, as profesoras visitantes participaron nun programa de observación e acompañamento que incluíu distintas actividades representativas da nosa práctica docente.
O primeiro día comezou cunha recepción e benvida no centro, seguida da observación dunha sesión de psicomotricidade en inglés e da participación en dinámicas de aula como momentos de relaxación e contacontos. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer o traballo previo á saída educativa “Vexo, vexo”, centrada na observación da contorna .
Na segunda xornada, puideron asistir a unha asemblea en Educación Infantil e acompañar ao alumnado nunha saída ao entorno de Eirís dentro do programa “Vexo, vexo”. A mañá completouse con actividades na biblioteca e na horta escolar, dous espazos clave no noso proxecto educativo .
Finalmente, o último día estivo centrado na observación de sesións de estimulación da linguaxe oral, así como na dinámica de traballo por recantos, unha das metodoloxías máis características desta etapa. A visita completouse coa observación dunha actividade de psicomotricidade con bicicletas e cun momento de despedida .
Intercambio e aprendizaxe compartida
Máis alá da observación, esta visita supuxo unha valiosa oportunidade de intercambio profesional. O profesorado visitante tamén compartiu información sobre o seu centro educativo, favorecendo un diálogo enriquecedor entre ambas realidades escolares.
Abrindo a escola a Europa
Este tipo de experiencias reforzan o noso compromiso coa internacionalización, permitindo non só coñecer outras formas de ensinar e aprender, senón tamén reflexionar sobre a nosa propia práctica.
.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario