jueves, 23 de mayo de 2024
Movilidade Francia
Na segunda movilidade Erasmus+ viaxamos ao norte de Francia. O centro que nos acolleu foi a École Anne Frank - Jean Moulin en Halluin, unha vila fronteiriza con Bélxica. Trátase dun centro de ensino infantil e primario, cunhas características e tamaño similares ao noso, co que compartimos obxectivos nos respectivos proxectos Erasmus+. Concretamente no relacionado co enfoque plurilingüe e a conciencia ecolóxica.
Na nosa estancia na escola puidemos observar diferentes sesións e participar do funcionamento xeral da escola. No tempo de observación visitamos aulas de diferentes niveis, dende Educación Infantil ata os últimos cursos de Educación Primaria. Foi moi proveitoso para nós ver como traballaban as distintas aulas, de xeito moi diverso, pero con moita coordinación entre niveis.
Todo isto puidemos compartilo co claustro de profesorado do noso centro coa axuda dunha presentación que tamén queremos compartir e difundir ao resto da comunidade educativa:
https://drive.google.com/file/d/1ZJaZ0WQuhm-pIv2lvn5CI9a1iYHXHY5E/view?usp=sharing
Un dos obxectivos do Erasmus+ é xerar continuidade nas relacións entre os centros. No noso caso, hai unha vontade de parte dos docentes de visitarnos o vindeiro ano e de que o alumnado de ambos centros colabore en relación a horta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Difusión de las movilidades Erasmus+: Grecia, Hamm y Berlín
Se han compartido las experiencias de las movilidades a Kilkis (Grecia) , Hamm y Berlín (Alemania) , enmarcadas en nuestro proyecto a...

-
Na segunda movilidade Erasmus+ viaxamos ao norte de Francia. O centro que nos acolleu foi a École Anne Frank - Jean Moulin en Halluin, ...
-
Nuestro centro, además de contar con Acreditación Erasmus+ propia, también forma parte del proyecto de Acreditación del Centro de Formación ...
-
Divulgación y exposición de los resultados de la movilidad Erasmus+ a través de la modalidad de job shadowing realizada en Italia (San Minia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario