viernes, 14 de noviembre de 2025

Visita da Delegación Austríaca ao Noso Centro 🇪🇺🤝🇦🇹

Esta semana recibimos no noso centro a unha delegación de Austria pertencente ao consorcio Education Campus, formada polo alcalde de Birkfeld, un inspector educativo, a directora do centro e a secretaria do concello. Foron tres días de aprendizaxes compartidas, diálogo e intercambio de boas prácticas entre Galicia e Austria. 
 Día 1-Luns: Recepción oficial, visita guiada polo centro e observación de prácticas inclusivas e procesos administrativos. A continuación disfrutaron dunha sesión CLIL de Arts and Crafts, lectura compartida e unha actividade TEI. Pechamos a tarde cunha presentación sobre o proxecto Education Campus e unha actividade de xardinería en familia. 
  Día 2-Martes: A mañá estivo centrada na xestión de aula, matemáticas, aprendizaxe cooperativa e nunha sesión sobre aprendizaxe dixital mediante o programa E-Dixgal. Despois visitaron o CFR da Coruña, onde coñeceron o sistema educativo galego, o traballo do centro na formación docente e o consorcio Erasmus+ da comarca. 
  Día 3- Mércores: Observación nas aulas de Infantil (3, 4 e 5 anos), tempo de lectura e conversa informal con docentes e, finalmente, formación de usuarios da biblioteca, onde puideron coñecer o noso modelo de alfabetización informacional. Rematamos cunha sesión de reflexión conxunta e intercambio de ideas.
Grazas ao alumnado, profesorado, equipos directivos e familias pola súa implicación. E grazas á delegación austríaca pola súa amabilidade e interese. Seguimos medrando xuntos a través de Erasmus+.

Visita da Delegación Austríaca ao Noso Centro 🇪🇺🤝🇦🇹

Esta semana recibimos no noso centro a unha delegación de Austria pertencente ao consorcio Education Campus, formada polo alcalde de Birkfel...