As mestras de Infantil Leticia, Chus, Laura e a mestra de Primaria Alba realizamos unha ruta pedagóxica a Alemania (Berlín) para coñecer as pedagoxías Waldorf e Fröbel no seu lugar de "nacemento".
O primeiro día da nosa ruta pedagóxica por Berlín visitamos a escola Waldorf Havelhöhe.
ℹ️ A principios do século XX, da man do filósofo e científico austríaco Rudolf Steiner, xurdiu un enfoque educativo centrado no desenvolvemento integral do neno/a basándose na idea de que cada neno/a é distinto e único.
Na nosa ruta pedagóxica coñecemos a escola Waldorf de Berlín Waldorf Havelhöhe, na que observamos na práctica estes principios teóricos: o protagonismo e confianza no neno/a, un currículo basado na súa identidade como persona e en ofrecer oportunidades e non contidos, figura do adulto como acompañante non directivo, importancia do espacio, da natureza e do arte como elementos educativos en si mesmos, a experimentación, o tempo pausado permitindo posibilidades ao "imprevisto", a importancia dos ritos para a creación do sentimento de pertenza e comunidade, etc.
Durante o segundo día da nosa ruta pedagóxica, visitamos dous centros de formación docente : o Seminario de formación para futuras/os acompañantes Waldorf (@waldorfseminar_berlin) e a "Little Scientists Foundation (@kinder.forschen ).
No Seminario de Formación para futuras acompañantes Waldorf, da man do marabilloso Ramón Louro (@louroramon), realizamos un taller de barro no que profundizamos e experimentamos en primeira persona a metodoloxía Waldorf. Tamén acudimos como observadoras á formación en dicción e música de futuras acompañantes Waldorf.
Pola tarde acudimos á "Little Scientists Foudation", na que da man de Verónica Oelsner (@veronicaoelsner), onde nos explicou o funcionamento da fundación para a formación permanente do profesorado tanto online como presencialmente, centrada no desenvolvemento sostible a través do STEM (3-10 anos), e probamos algunhas das súas propostas.
Ambas propostas de formación docente aparentemente son moi "diferentes" entre sí, pero comparten algúns fundamentos: promover a creatividade e autonomía da nena/o, fomentar a experimentación, darlle importancia aos procesos, alimentar a curiosidade e o pensamento crítico, rol do acompañante como guía e non director, empregar as preguntas e o imprevisto como oportunidades de aprendizaxe, etc.
No terceiro día da nosa ruta pedagóxica visitamos á escola Fröbel da rede alemana Fröbel Deutschland (@froebel.deutschland).
ℹ️ Friedrich Fröbel foi un pedagogo do século XIX, que introduxo os principios da psicoloxía e a filosofía na educación. É coñecido pola creación da educación preescolar e do concepto de "xardín de infancia". Moi influenciado por Pestalozzi, xa que que traballaron xuntos.
Dáballe moita importancia ao xogo xa que gracias a el consideraba que o neno/a era quen de introducirse na cultura, na sociedade, na creatividade, etc.
Na nosa ruta pedagóxica coñecemos unha escola Fröbel da rede Froebel Deutschland de Berlín, na que observamos na práctica estes principios teóricos.
Observamos diferencias significativas con respecto á observación da escola Waldorf, xa que nesta escola Fröbel hay "xoguetes", presencia de imaxes, tecnoloxía, etc. Pero tamén percibimos similitudes nos seus fundamentos: respeto á nena/o e aos seus tempos, confianza na súa capacidades para xestionar o risco, promoción da autonomía e de hábitos saudables, moito tempo na natureza xa que é considerada un elemento educativo en sí mesmo, etc.